Foron máis de 760 persoas as que tomaron a saída da IX edición da carreira popular Corre X Salceda. Dende o Concello remarcan o “gran éxito de participantes e de público” nas diferentes categorías. Así, disputouse as dúas absolutas de 10 e de 5 quilómetros cun trazado polas rúas do casco urbano e as sendas de Salceda de Caselas e para os nados de 2007 en adiante celebráronse tres circuítos de 2.500, 1.000 e 500 metros ademais das modalidades Biberón e Pitufos de 100 a 150 metros para os máis pequenos.

Saída da categoría absoluta. | // D. P.

Nas categoría absolutas proclamáronse gañadores Ismael Lago e Carolina Otero, nos 10.000 metros, e Miguel Marzoa e Belén Freijeiro, nos 5.000.

A proba foi organizada pola Concellería de Deportes e as Escolas Deportivas Municipais coa colaboración de numerosas empresas e asociacións de Salceda e outras localidades. Na organización tiveron un papel fundamental os axentes da Policía Local, as persoas membros de Protección Civil de Salceda e outras agrupacións como as de Poio e Oitaven e as numerosas persoas voluntarias dos diferentes clubs deportivos locais