O Ciclo de Música Relixiosa que acolle a igrexa barroca de San Martín de Barcia de Mera no municipio de Covelo, programa para o vindeiro sábado, 28 de maio, o concerto do cuarteto Assai con obras de Johan Christian Bach, Shubert e Piazzola.

Por diante, e ata setembro, o público terá a oportunidade de escoitar en xuño, ao trío de cordas Sartory Cámara con obras de Beethoven, entre outros autores. O 30 de xullo chega a Barcia de Mera a Cantica Sacra In Memorian de Luís Estévez con obras de Monteverdi, Fauré e Vitoria.

O 15 de agosto contará con Dúo Laúd e Voz co programa Benedicta tu María e o 27 de agosto Vox Stellae con Vilancicos Galegos. Na clausura do ciclo, o 17 de setembro, o programa correrá a cargo do Afecto Ilustrado con sonatas italianas de 1700.