Continúan neste mes de maio as rutas guiadas para descubrir Moaña en primavera organizadas polo Concello e asociación de animación sociocultural e turística A illa dos ratos. Hoxe ás 10.30 horas partirán os participantes no sendeiro de Rialdarca e para os vindeiros tres domingos están programadas outras tres saídas. Serán os días 15, 22 e 29, polo sendeiro da Fraga, ás canteiras do litoral e á Moaña mariñeira, respectivamente, todas elas ás 10.30 horas.

Todas as rutas son gratuítas. As persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente a través da web ailladosratos.org ou no teléfono 611 080 853.