O Concello de Nigrán arranca hoxe, ás 21.00 horas na Alameda da Ramallosa, a súa programación especial polo ‘Mes das Letras Galegas’ co concerto estrea da nova xira de A Banda da Loba.

As actividades continúan mañá cunha excursión gratuíta para realizar sendeirismo nas aldeas do Xisto (Portugal). Xa o 14 de maio o Concello organiza coa Asociación Galega de Lupus a súa primeira foliada solidaria en Chandebrito que comezará pola mañá con plantación de árbores e sesión vermú co grupo de gaitas da parroquia e xa pola tarde coa actuación de diversos grupos tradicionais de toda a provincia. Ao día seguinte, estréase o ciclo ‘Redeiras, elas tecen’ co concerto de Law&GazzFunkdation, ás 20.00 horas no auditorio municipal. As actividades continuarán ao longo de todo o mes.

O 17 de maio é o prazo límite para enviar propostas ao I Certame Infantil de Relato Curto ‘Carlos Casares’ .