Cultura
Baiona, Santa Fe, Palos de la Frontera e La Gomera atan lazos históricos
Rubrican o acordo do proxecto da Ruta Colombina do Encontro entre Tres Mundos

Os alcaldes de Santa Fe, Manuel Gil; de Palos de la Frontera, Carmelo Romero e de Baiona, Carlos Gómez | // D.P / l. c.
l. c.
“Un proxecto o suficientemente ambicioso e co obxectivo de converternos en patrimonio da Unesco”, así cualifica o alcalde de Baiona, Carlos Gómez o proxecto da Ruta Colombina do Encontro entres Tres Mundos, para o cal as localidades de Baiona, Santa Fe, Palos de la Frontera e La Gomera rubricaron un acordo o pasado mes.
“Os pobos colombinos o merecen, ao igual que o fito histórico de fai 529 anos, que cambiou a historia da humanidade e do que Baiona foi o primeiro lugar do mundo en ter coñecemento. Un encontro entre novas culturas, novas sociedades… que hai que seguir impulsando e, se cabe, implicar aínda máis ás diferentes cidades e países”, asegurou o rexedor local mentres participaba nos actos conmemorativos do 530 Aniversario de Firma das Capitulacións entre os Reis Católicos e o Almirante Cristóbal Colón en Santa Fe de la Vega de Granada, municipio co que se encontra irmanado polos seus lazos históricos desde 1994.
A sinatura do chamado “Manifesto de Baiona” supón “a creación dun proxecto turístico internacional que conecte os pobos colombinos de España, Sudamérica e Africa”, matizou o alcalde.
Nun futuro próximo, “estamos traballando para incorporar aos concellos de Las Palmas y de Granada, que amosaron interese neste proxecto tan ambicioso, co cal dotaremos de contido real o irmandamento”.
Entre as pretensións dos alcaldes asinantes atópase que “o proxecto sexa tratado co maior rigor histórico e cultural que se merece”, polo que esperan contar coa colaboración da Universidad de La Laguna, Las Palmas, Granada, Vigo e Santiago.
El mandatario baionés agradeceu persoalmente “ao Cabildo de San Sebastián de La Gomera e ao goberno insular das Illas Canarias involucrarse desde o primeiro momento neste proxecto”. Do mesmo xeito, “pretendemos que as deputacións de Huelva, de Granada e de Pontevedra unan forzas con nós adheríndose á iniciativa, na cal o seguinte paso será involucrar tamén ás administracións autonómicas e ao goberno central”.
Gómez Prado está seguro que “todo elo atraerá a Baiona a creación e adaptación de novas infraestruturas, tanto públicas como privadas, xerará emprego e retorno económico, ademais de axudar a conseguir a desestacionalización do turismo na vila”.
- Una camarera tras probar de la botella que abrasó al empresario Pablo González: «Esto no es agua»
- ¿Qué había en la consumición de Pablo?
- Belleza perruna: estas son las 10 razas de perro más bonitas que existen
- «Que no se hagan ilusiones; las reformas del papa no tienen vuelta atrás, salvo que quieran una Iglesia de museo»
- Un joven de Vilagarcía fallece en una caída de moto en Cádiz
- Micosis fungoide: así es el cáncer raro que se confunde con otras enfermedades de la piel
- El trago de agua que casi acaba con la vida de Pablo González: «En segundos noté que me quemaba vivo por dentro»
- Cáncer de ano: un riesgo para los mayores de 50 años que puede confundirse con almorranas