En Salvaterra de Miño comeza hoxe un ciclo de actividades dinamizadoras en familia. Serán no Parque da Canuda, un dos orgullos do pobo de Salvaterra que e, semanalmente, especialmente os sábados e domingos, recibe a visita de numerosos visitantes de toda Galicia e tamén do país veciño, Portugal.

“Cómo reducir o plástico no día a día” será hoxe, ás 11.00 horas, e“Coñecendo as aves e taller de caixas niño” será esta tarde, a partir das 17.00 horas, na aula de interpretación do parque.

O próximo sábado, 14 de maio, será a actividade “A biodiversidade no Río Miño”, ás 11.00 horas, e partirá da estatua da lamprea. Pola tarde o “Obradoiro de horta e hotel de insectos” será ás 17.00 horas na horta do parque.

O sábado 21 de maio a actividade “Biodiversidade no Parque de A Canuda” partirá da rotonda do olivo, ás 11.00 horas, e pola tarde, celebrarase a actividade “Iniciación da fotografía de natureza”, ás 17.00 horas, na aula de interpretación.

Estas actividades servirán para estar directamente en contacto coa natureza e co mundo animal e vexetal que existe en toda a contorna. Ao mesmo tempo, estas actividades axudarán a coñecer hábitos de interese xeral para interactuar coa natureza.

Para facer a inscrición a estas actividades requírese mandar un correo electrónico á seguinte dirección: deportes@concellodesalvaterra.org.