O primeiro dos safaris etolóxicos polos montes de Baiona encheu prazas e o vindeiro luns, 25 de abril, ábrese a inscrición para a seguinte saída que se celebrará o domingo 8 de maio. A ruta será a mesma, a vintena de participantes irán polo Alto da Groba na procura de equinos de pura raza galega, os garranos coñecidos popularmente na zona como “burras”, os cabalos salvaxes que reinan ás súas anchas nesta contorna natural.

Para o mes de xuño están programadas outros dous safaris, un o domingo 5 e outro o sábado 18, con saída ás 09.00 horas dende o exterior da Oficina de Turismo de Baiona Todas son gratuítas e as prazas están limitadas a 20 polo que é preciso a inscrición previa na oficina de turismo, chamando ao número de teléfono 986 68 70 67 ou enviando un correo electrónico ao enderezo oficinadeturismo@baiona.gal. A actividade está dirixida a calquera persoa maior de 6 anos.

De xeito paralelo celébranse tamén rutas de sendeirismo gratuítas para persoas a partir de 15 anos. As próximas citas serán o domingo 15 de maio con “Descubre Baredo”, o 19 de xuño “A Groba panorámica” e xa en setembro, o domingo 11, “A Groba montañosa”. Todas parten as 09.30 horas dende a Oficina de Turismo, onde é preciso inscribirse con antelación, habendo límite de 40 prazas por ruta.