Lecer
Celebración do Día dos nosos maiores
Soutomaior organiza unha excursión a Santiago o día 8
l. c.
[Soutomaior]
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina González, presentaron a nova edición de ‘O día dos nosos maiores’. Un acontecemento que terá lugar o día 8 de maio e que, como vén sendo habitual, celebrarase cunha excursión organizada pensando nos pensionistas de Soutomaior.
Nesta ocasión, con motivo do Xacobeo, os participantes viaxarán a Santiago de Compostela. Os participantes de Soutomaior poderán subirse ao autobús ás 08.30 horas nas paradas utilizadas para o transporte escolar, mentres que para os residentes en Arcade, a recollida farase ás 09.00 horas no Cruce de Pierres.
As persoas interesadas deberán inscribirse antes do día 29 de abril na casa do concello ou na biblioteca municipal.
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Expulsan de un colegio de Vigo a un niño de Infantil por su agresividad
- Bares de Vigo reclaman a los clientes que «no tomen solo café» para reservar mesas para ver fútbol
- Rescatan a dos tripulantes de un pesquero tras arder y hundirse en la costa de Muros
- Dueños de pisos protegidos de Vigo piden hasta 75.000 euros en negro a los compradores
- La justicia archiva la denuncia por el caso del perro arrastrado por el Corredor do Morrazo
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros