Pilates, ximnasia, pandeireta, canto, gaita, cestería, arte floral, cociña e restauración de mobles son algúns dos moitos cursos que se ofertan na nova edición do programa municipal Tempo de Lecer do que participan un total de 19 asociacións do Concello de Mos.

Os obxectivos son fomentar o asociacionismo na vida sociocultural e comunitaria, facilitar ás persoas a posibilidade de ocupar o seu tempo de lecer con actividades de ocio formativas adaptadas ás súas posibilidades económicas, promover a participación social entre as persoas que máis o precisen, proporcionar alternativas de lecer no seu medio máis próximo e fomentar o uso do tempo de lecer en equipo.

O programa está dirixido a toda a veciñanza maior de 14 anos e o custe é de 1 euro por hora.