Tomiño quenta motores para unha nova xornada esta fin de semana dos seus domingos de sesión vermú, unha das accións programadas dentro de ‘Vive!’, unha campaña posta en marcha polo Concello coa que se busca reactivar a actividade económica e social do municipio.

Mañá, día 10, o público poderá desfrutar da música en directo da man do grupo tomiñés Acevedos Delgados, pop rock de versións e temas propios cos que amenizarán o ambiente mentres o público desfruta tomando algo no primeiro andar do Mercado Municipal de Tomiño. O concerto comezará ás 12.30 horas. A actividade será de balde ata completar aforo.