O Concello de Salvaterra de Miño volve a por a disposición dos seus veciños e veciñas unha nova remesa de composteiros, dentro do programa de compostaxe doméstico para vivendas unifamiliares, grazas a adhesión do consistorio ao programa de compostaxe de Sogama, que busca lograr unha xestión máis sostible do lixo doméstico.

Deste xeito, O Concello mantén a súa extensión das prácticas de autocompostaxe a novas vivendas unifamiliares do municipio para propiciar entre os seus habitantes a reciclaxe da materia orgánica en orixe, un proceso con importantes beneficios ambientais e sociais.

Dado que os residuos orgánicos representan aproximadamente o 42% da composición media dunha bolsa tipo, se estos se reciclan en orixe e se evitan o seu depósito en colectores verdes convencionais, o Concello de Salvaterra entregará menos toneladas de lixo a Sogama, reducindo custos.

Por iso, as veciñas e veciños que se incorporen a esta nova fase recibirán igualmente manuais didácticos nos que se lles explica, de maneira detallada, a técnica a seguir para obter un compost de boa calidade que poderán usar na súa horta ou xardín.