O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración co Club de Montaña Airiños e dentro do proxecto “Salvaterra en Marcha”, organizan unha saída á natureza o domingo, 27 de marzo, de balde.

A saída será dentro do termo de Salvaterra pola denominada “Senda do Miño e viñedos do Condado”. Trátase dunha ruta circular de pequeno percorrido e de dificultade técnica doada que comezará ás 11.00 horas na Praza do Concello, e finalizará no mesmo lugar sobre as 17.00 horas.

O traxecto será de 17 quilómetros en total, dos que os 12 primeiros serán a pé e os últimos 5 quilómetros con motorización turística.

O almorzo farase na propia ruta e cada senderista levará a súa propia comida. O número de participantes está limitado a 45 persoas, por orde de inscrición. Inscricións no teléfono 622 887 174 ( vía whatsapp ou sms obrigatorio).