O Concello de Salvaterra de Miño organiza a realización do Camiño de Santiago durante a próxima Semana Santa para a súa veciñanza.

A saída cara Compostela está prevista dende o 13 de abril ata o 17, facendo o Camiño Francés que estará dividido en 5 etapas. A etapa 1: Sarria–Portomarín, 23km. A etapa 2: Portomarín–Palas de Reis, 25km. A etapa 3: Palas de Reis–Arzúa, 29km. A etapa 4: Arzúa–O Pedrouzo, 20 km e a etapa 5: O Pedrouzo–Santiago de Compostela, 20 kms.

O Concello de Salvaterra xestionou as catro pernoctas precisas nos municipios de Portomarín, Palas de Reis, Arzúa e O Pedrouzo. Os veciños e veciñas que o desexen atoparán máis información no teléfono 661 046 592 ou na dirección de correo electrónico deportes@concellodesalvaterra.org, para coñecer a modalidade de pago e o custe da actividade.

A organización inclúe un autocar de traslado a Sarria e vehículo de apoio para as mochilas. Os interesados deben inscribirse pronto porque as prazas son limitadas.

“Seguimos en pademia pero pouco a pouco se pode retomar unha vida normal e sabemos que a veciñanza precisa osixenarse tanto física como anímica e socialmente, polo que esta actividade cumpre os requisitos desexados” considera a alcaldesa Marta Valcárcel.