Saúde
Veciños do Val Miñor combaten a hipetensión coa marcha nórdica
Baiona, Gondomar e Nigrán ofrecen esta actividade como terapia rehabilitadora coa axuda do grupo de enfermería da Xunqueira

Grupo de veciños de Nigrán que participa da marcha con bastóns. | // FDV / l. costas
l. costas
Exercitar o 90% dos músculos do corpo ao usar bastóns (nunha andaina normal móvese só o 60%), reducir a carga sobre as articulacións, fortalecer os músculos relacionados coa postura e a estabilidade da columna, favorecer o equilibrio e en maiores facilitar que se eviten as caídas, axudar á perda de peso ao consumirse ata un 45% de calorías no mesmo espazo de tempo que nunha camiñada sen bastóns, mellorar a capacidade pulmonar ao ser un deporte aeróbico no que se mantén un ritmo elevado e favorecer a coordinación motriz son algúns dos beneficios que supón practicar a marcha nórdica, como o están a facer case medio cento de veciños do Val Miñor.

Grupo de veciños de Nigrán que participa da marcha con bastóns. | // FDV / l. costas
Os tres concellos da comarca uniron forzas para ofrecer a actividade de marcha nórdica (marcha con bastóns) como terapia rehabilitadora grazas aos enfermeiros residentes do Centro de Saúde Val Miñor, ideólogos deste proxecto piloto único en Galicia e practicamente en España. Neste fase inicial está dirixido a pacientes hipertensos de Baiona, Gondomar e Nigrán, pero o obxectivo final é asentar os grupos na comarca miñorana para incorporar a todo tipo de poboación dado os seus múltiples beneficios. “Queremos xerar un novo activo de saúde en cada barrio empoderando aos propios cidadáns, esa é a nosa meta”, resumen.

Grupo de veciños de Gondomar participando dunha das rutas da marcha nórdica. | // FDV / l. costas
Así, durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio ofrécense dúas rutas semanais matinais dirixidas polo seleccionador galego Nacho García e coa presenza tamén dos propios enfermeiros, que acoden para reforzar a actividade con ‘pílulas formativas’ de coñecementos en saúde que contribúen a crear auténticos ‘pacientes expertos’.
Cada municipio ten a súa propia saída no seu territorio, dunha hora de duración e aproximadamente 5 quilómetros, e no primeiro mes os bastóns facilítaos a organización (despois existe a posibilidade de alugalos polo prezo simbólico dun euro). O instrutor Nacho García destaca que, neste proxecto concreto, a disciplina deportiva será enfocada ao seu aspecto máis terapéutico.
Os tres equipos de cadanseu concello, cun máximo de 15 inscritos, foron monitorizados ao inicio, serano aos dous meses e tamén ao finalizar, así poderán testar como evolucionou durante ese tempo a súa tensión, peso, masa muscular ou graxa...
Somos especialistas en enfermería familiar e comunitaria e, precisamente, esta actividade é un exemplo perfecto de intervención comunitaria para fomentar a marcha nórdica como activo saudable para a poboación, para rehabilitar e tamén para previr”, explican os residentes Antonio Sobral e Cuca Rivas.
Hospitais do País Vasco e Cataluña xa están a empregar este deporte de orixe finlandés como programa de rehabilitación para pacientes de moi diversa índole.
- Portugal aplaude la musical reacción del Celta ante el saludo nazi de los ultras del Betis
- Daña cinco coches arrojando piedras a la AP-9 desde un puente en Vigo «pudiendo ocasionar un grave accidente»
- ¿Tienes mascotas en casa? Así podrás deducirte sus gastos de la declaración de la renta
- La pareja de Feijóo pide una concesión hasta 2037 del acceso desde su casa a la playa de O Con
- Ikea recupera el zapatero vertical para la entrada que arrasa en ventas
- Varias protectoras gallegas lanzan un SOS por Luna, una mastina que vive atada a un hórreo
- La segunda salida de tono del conselleiro de Sanidade: cuestiona la importancia que se le da a la salud
- Dos investigados más en relación con la detención del edil de Deportes de Cangas