A Guarda sementa igualdade

Amelia Tiganus ofrecerá dúas charlas no mes de abril. | // FDV / l. costas
l. costas
O Concello da Guarda vén de confeccionar un programa de actividades para con motivo do Día Internacional da Muller. O primeiro dos actos terá lugar precisamente o 8 de marzo, no auditorio San Benito, consistente na lectura dun manifesto acompañado da representación teatral da actriz Mónica Sueiro “Subterránea”. Trátase dunha acción escénica que reivindica e visibiliza a figura de moitas artistas da pintura que foron silenciadas ao longo da historia. Aínda que algunhas conseguiron acadar o recoñecemento da época, tras sortear moitos obstáculos para destacar nun mundo reservado aos homes, remataron no ostracismo e afastadas dos manuais de historia da arte. Para a maioría son unhas descoñecidas; levan demasiado tempo habitando en territorio invisible. A muller subterránea fala en primeira persoa dando voz a grandes creadoras como Sofonisba Anguissola, Lavinia Fontana, Artemisia Gentileschi, Berthe Morisot, Hilma Af Klint, Maruja Mallo e JuliaMinguillón, entre outras. “Subterránea” é unha metáfora das mulleres que collen forzas para reafirmarse, que non renuncian a si mesmas e pelexan por saír á luz.
A maiores, iluminarase de cor morada a casa consistorial, instalarase unha pancarta conmemorativa e faráselle entrega de círculos a todos os centros escolares do Concello da Guarda, con frases ou palabras en prol da Igualdade real entre mulleres e homes
A programación continuará o 11 de marzo no centro cultural, ás 20.00 horas, coa proxección do filme “María Solinha”, contando coa presenza do seu director Ignacio Vilar. O venres seguinte, día 18, haberá nova cita teatral, será ás 20.30 horas no centro cultural, da man da compañía Tarabela Creativa que representará a obra “Tabú”, un espectáculo de Carmen Conde que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto, sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude. Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ao clareo todas as intimidades.
Xa para o mes de abril están programados unha escape room, o día 2 ás 17.00 horas polas rúas da vila; dúas charlas a cargo de Amelia Tiganus, unha activista feminista abolicionista nada en Rumanía e que foi explotada sexualmente durante cinco anos en España, que estará o día 27 co alumnado de Bacharelato e ciclos formativos do IES A Sangriña e na xornada seguinte falará, no centro cultural, ás 19.30 horas, do seu libro “La revuelta de las Putas”, e, finalmente, estase traballando tamén no deseño dun roteiro coa finalidade de visibilizar e poñer en valor o importante papel das mulleres guardesas.
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- «Nadie cuestiona que una persona con hipertensión se medique, pero sí que lo haga una con depresión»
- Portazo al trabajo por la tarde
- Ikea recupera el zapatero vertical para la entrada que arrasa en ventas
- Muere en León un escalador vigués donde años atrás perdió a su padre
- El truco para ahorrar más de 300 euros al año en la AP-9
- Una pareja y sus tres hijos evacuados en Vigo tras intoxicarse con monóxido de carbono
- National Geographic señala esta ciudad gallega como uno de los mejores destinos para celebrar los 50 años