Entroido
Goián celebra o Entroido cun novo formato
Dende hoxe e ata o martes na Praza Pintor Antonio Fernández
l. c.
Na parroquia de Goián, este ano volverase a respirar a esencia tradicional do entroido, aínda que cun formato distinto. Impulsado pola Asociación Cultural Taíña e contando coa colaboración da veciñanza e do Concello de Tomiño, o programa desenvolverase con actuacións, espectáculos, concertos, pasarrúas e actividades, pero sen o tradicional desfile do martes de entroido.
Hoxe, a partir das 17.00 horas e durante toda a tarde, na praza Pintor Antonio Fernández, haberá pasarrúas e actuación do grupo de fanfarria Brassica Rapa, xogos populares e atracción/actuación sorpresa. E dende as 21.30 horas o colectivo Máis Lume Kolektive estará animando coa súa soundsystem.
Mañá domingo, ás 17.00 horas, haberá pasarrúas de treboadas e carretillada estática de entroido. Ás 19.30 horas levarase a cabo un serán de entroido aberto a todos os públicos, e a partir das 21.30 horas, sesión bailonga durante toda a noite, da man de Lakenobaila dj e concurso de disfraces.
O martes, 1 de marzo, ás 18.30 horas concerto a cargo do trío Breocáns e, para rematar, ás 20.00 horas serán/guateque de entroido xunto cun concurso de disfraces.
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Buscan a un marinero que pescaba frente al puerto de Bueu
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos
- El Concello aprueba expropiar dos fincas en Bembrive para uso dotacional