Entroido

Concurso virtual, música e animación nas rúas de Soutomaior

Hoxe, percorrido polos barrios de Batucade acompañado por Pedro Madruga e Manoliño Trasnoita

l.c.

O concurso Confientroido. Un entroido de andar pola casa! é a primeira das actividades organizadas polo Concello de Soutomaior para celebrar o entroido 2022, con propostas adaptadas ás circunstancias derivadas da COVID-19.

Mañá domingo remata o prazo para presentar as fotos (modalidade photocall) ou vídeos (modalidade murgas) a través da web municipal www.gabinetesoutomaior.com, onde tamén se poden consultar as bases e premios do certame

Ademais non faltarán a música e animación de rúa nesta fin de semana. Ao longo do día de hoxe o grupo Batucade acompañado por Pedro Madruga e Manoliño Trasnoita fan un percorrido polos barrios do municipio e mañá ás 18.00 horas espectáculo “Á abordaxe pirata” e de 19.00 a 20.30 horas sesión de música dj con animación en Talo Río.

No mesmo escenario, o vindeiro domingo, 6 de marzo, volverá haber música, a partir das 18.00 horas con “Peque disco Moc Moc”, momento no que tamén se fará entrega dos premios do concurso Cofientroido, a cargo de Pedro Madruga e Manoliño Trasnoita, e de seguido, de 19.00 a 21.00 horas, actuación dun trío musical.

Tracking Pixel Contents