Tomiño
Alianza nas ondas de 17 centros da fronteira galego portuguesa
Preséntase no Baixo Miño o proxecto educativo Meniños Cantores 2: dezaoito temas musicais, un documental e un libro

Lucía Pérez sobre o escenario cos escolares. | // FDV / l. costas
l. costas
Ponte...nas ondas!, o IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño e o CPI Suárez Marquier, do Rosal, en colaboración cos concellos de Tomiño e do Rosal veñen de celebrar a gala de presentación do proxecto Meniños Cantores 2 no Baixo Miño.

Andrea Pousa e estudiantes participantes no proxecto. | // FDV / l. costas
Meniños Cantores 2 está realizado por 17 centros educativos ao longo da fronteira galego-portuguesa, desde Chaves a Caminha e desde Verín ata A Guarda. Un proxecto que conta con 18 temas musicais, un documental e un libro. Trátase dunha nova proposta realizada a partir da primeira edición de Meniños Cantores editada en 2005.
O alumnado participante de ambos centros foron os encargados de conducir o evento que contou coas actuacións de Andrea Pousa e Lucía Pérez, ambas madriñas do proxecto. Ademais, no acto interviñeron a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez e o presidente de Ponte...nas ondas!, Santiago Veloso, xunto coas alcaldesas Ánxela Fernández (O Rosal) e Sandra González (Tomiño).
No caso do IES Antón Alonso Ríos dáse unha feliz coincidencia. Na edición de 2005, a encargada de interpretar o tema musical “Bailando contigo”, composto polo músico e vicedirector do centro, Luis Lechuga, era a alumna Andrea Pousa. Nesta ocasión Andrea é unha das madriñas do proxecto para acompañar a interpretación do alumnado no tema “O tren”, de Andrés do Barro nunha versión adaptada.
No caso do CPI Suárez Marquier dáse outra alegre coincidencia; no tema musical escollido, “Canto de Roda” (2005), participaba nas voces unha alumna de 1º de ESO, Ánxela Fernández Callís. Dezasete anos despois, Ánxela asistiu á gala de presentación de Meniños Cantores 2 en calidade de alcaldesa do Rosal. Nos arranxos musicais participou tamén Xosé Manuel Méndez, profesor do centro educativo rosaleiro xunto ao músico Gustavo Domínguez.
Recolla do patrimonio
No disco-libro de Meniños Cantores de 2005 incluíase un CD e un DVD que contiñan 19 temas musicais, 18 vídeo clips, 32 karaokes e 2 documentais: un Make in off e unha recolla de testemuños do patrimonio cultural inmaterial. No documental recollíase o proceso de formación das treboadas do Baixo Miño e tamén dos telleiros do Rosal coa súa xerga (o verbo), un código lingüístico propio.
Na serie documental que acompaña o novo proxecto, no capítulo 4 participan persoas portadoras do patrimonio inmaterial. No caso de Tomiño, persoas portadoras da tradición das treboadas, o señor Camilo Riveiro xunto co artesán Félix Oliveira. No caso do Rosal, o portador escollido é o señor Nemesio Castro quen mostrou o seu saber asociado aos muíños de Folón e do Picón.
Ámbolos dous centros organizadores da gala xa participaron na primeira edición de 2005 de Meniños Cantores que naquel momento incluía a 17 centros educativos situados entre Vigo e Porto.
Boas prácticas na Unesco
O proxecto Meniños Cantores 2 forma parte das boas prácticas de Ponte nas ondas!, presentadas por Portugal e España na Unesco e que poden ser inscritas como “modelo de boas prácticas co patrimonio cultural inmaterial”.
Para Portugal e para Galicia será a primeira inscrición no rexistro da Unesco e Ponte...nas ondas! será un modelo referencia internacional de boas prácticas co patrimonio.
- En una analítica, ¿qué significa tener los triglicéridos altos? ¿Qué hacer para bajarlos?
- Ikea recupera el zapatero vertical para la entrada que arrasa en ventas
- Daña cinco coches arrojando piedras a la AP-9 desde un puente en Vigo «pudiendo ocasionar un grave accidente»
- «Nadie cuestiona que una persona con hipertensión se medique, pero sí que lo haga una con depresión»
- Portugal aplaude la musical reacción del Celta ante el saludo nazi de los ultras del Betis
- Muere en León un escalador vigués donde años atrás perdió a su padre
- ¿Tienes mascotas en casa? Así podrás deducirte sus gastos de la declaración de la renta
- Uno de los acusados por las coacciones a Jenni Hermoso reconoce que tuvo negocios con Rubiales