Internacional
A Eurocidade Tui-Valença cumpre dez anos
Os actos clausúranse hoxe cun concerto

Tui e Valença separadas polo Río Miño. | // FDV / l. costas
l. costas
Cúmprese unha década da creación da Eurocidade Tui-Valença e con tal motivo ámbalas dúas localidades fronteirizas celebran conxuntamente unha serie de actos que serán clausurados esta tarde cun concerto. Será ás 20.00 horas no Teatro Municipal de Tui e contará coas actuacións da Orquestra do Conservatorio de Tui e da Academia de Música da Fortaleza de Valença. A entrada é gratuíta, sendo preciso reservala previamente a través da páxina web www.tui.gal.
O acto oficial conmemorativo tivo lugar antonte na antiga Alfándega de Valença ao que acudiron o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o director da AECT da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, Nuno Almeida, e o presidente da CCDR-Norte e presidente da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, António Cunha. No transcurso deste acto asinouse o protocolo de cooperación entre a Eurocidade Tui-Valença e a AECT Galicia - Norte de Portugal que da amparo institucional á Eurocidade. Nesa mesma xornada, pola tarde, celebráronse unha serie de conferencias e mesas redondas baixo o título “10 Anos da Eurocidade Tui-Valença: balance e novos desafíos.
O programa conmemorativo continuou onte venres con visitas guiadas, gratuítas, ao patrimonio histórico de Tui e Valença.
- Desmantelada una red que traficaba con el ansiolítico Rivotril en Cangas y Vigo: un detenido y médicos de centros de salud y psiquiatras, entre los 16 investigados
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Las primeras furgonetas camper en serie de Galicia se fabrican en Baiona
- Rescatan a un hombre que se subió a lo más alto de una grúa para lanzarse al vacío en Rosalía de Castro
- Aparece en Marruecos un iPhone sustraído en una fiesta en Ourense: la dueña pagó 235 euros para recuperarlo
- La surrealista oferta de empleo a la que se enfrentó una camarera en Vigo: «Quiere que juegue al futbolín y me maquille todos los días»
- Mamá por sorpresa: acude al médico por unos dolores y se entera de que estaba de parto
- Si fuiste alumno del colegio Calasancias de Vigo en alguno de sus 64 años de historia esto podría interesarte