O Concello de Tomiño deu os parabéns ao Club Deportivo Miño polo seu gran inicio de ano. Dez deportistas do club botáronse as augas do río Tea, ao seu paso por Mondariz Balneario, para participar na primeira das competicións da Liga Galega de Slálom e volveron a casa con sete ouros e dúas pratas.

Os Teixugos arrancan este ano no primeiro lugar da clasificación final por equipos. Na clasificación da proba remataron cun total de 192 puntos, por diante dos anfitrións e organizadores, o Club Tea de Mondariz con 180 e do Piragüismo Penedo con 116.