A aula de Teatro de Baiona oferta dous obradoiros de “teatro para a vida”. As persoas interesada poderán participar nos mesmo en horario de mañá, os martes de 11.00 a 12.30 horas, ou de tarde, os xoves de 20.00 a 21.30 h.

Baixo o título “teatro para a vida” traballarase a comunicación oral, a expresión corporal e a improvisación, entre outras técnicas.

Os obradoiros desenvolveranse no Auditorio V Centenario de Baiona. Para obter unha maior información ao respecto poden chamar ao número de teléfono 638186112 ou escribir un correo electrónico ao enderezo monicasueiro@gmail.com.