A Guarda conta cunha paisaxe e patrimonio destacados e moitos visitantes desfrutan fotografando para gardar esa imaxe no seu recordo.

Xuntanza entre representantes municipais e o Grupo Capturando A Guarda FDV

Como primeira acción de promoción turística para este novo ano acordouse realizar un calendario fotográfico onde as fotos sexan as protagonistas.

Na selección das imaxes procurouse manter a temática da auga e do mar como elemento unificador, sen esquecerse do patrimonio e as festas.

As fotografías foron aportadas por tres veciños que comezaron a colaborar co Concello. Na primavera de 2021 mantivéronse contactos con fotógrafos afeccionados e veciños da Guarda para mellorar a imaxe fotográfica e ofrecer novas panorámicas co estilo propio deste veciños.

Despois destas conversas acordouse a creación do Grupo Capturando A Guarda e que está integrado por Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz.

A finalidade deste grupo é que A Guarda mellorara a súa imaxe turística nas diferentes actuacións e accións promocionais e os tres fotógrafos afeccionados poderán dar a coñecer a súas fotos, que estarán identificadas co nome de seu autor e co agradecemento como Grupo Capturando A Guarda.

4.000 exemplares

Na tardiña do pasado luns formalizouse a colaboración conxunta coa sinatura do contrato de cesión de fotografías entre o alcalde, Antonio Lomba, e os integrantes do Grupo Capturando A Guarda, Lecio Alonso, Dionioso Ameal e Emilio Baz.

Neste acto tamén estivo presente o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, que aproveitou para presentar ao Grupo Capturando A Guarda e tamén ao calendario fotográfico como a súa primeira participación dentro do proxecto para a renovación imaxe fotográfica da vila.

O calendario fotográfico Concello da Guarda será distribuído entre veciños, visitantes e turistas para que leven un cachiño impreso da paisaxe desta localidade mariñeira. Hai dispoñibles 4.000 exemplares e poderán recollerse na Oficina de Turismo e na Casa dos Alonso.