O Cámping de Maceira, que rexenta Ana Outón Beloso, e a Comunidade de Montes de San Salvador de Prado foron os elixidos por unanimidade polo xurado para ser premiados na VII edición dos Galardóns “ Síntete Covelo 2021”. Trátase duns premios anuais cos que o Concello de Covelo recoñece publicamente a aquelas persoas, asociacións, empresas ou institucións que contribúen a promocionar o municipio tendo en conta a súa contribución á creación, da arte, da ciencia ou humanidades, o deporte, o medio ambiente e a conservación da contorna e o paisaxe ou o nome do municipio. O Cámping de Maceira recibiu o galardón como recoñecemento no ámbito turístico e a Comunidade Montes de San Salvador de Prado no ámbito medioambiental. A gala de entrega dos premios Síntete Covelo 2021 celebrouse o 26 de decembro. Tamén recibiron os premios da edición anterior,que non se lles entregaran pola pandemia, a Asociación Veciñal de Protección Civil Oitavén-Tea e o Grupo de Voluntariado Social do Concello de Covelo.