O Concello de Salvaterra de Miño executa distintas accións enmarcadas dentro do seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible. Recentemente impulsou unha campaña informativa entre os máis cativos do municipio.

O Concello puxo en marcha, xunto cos centros educativos, un programa de sensibilización e concienciación para a correcta recollida de lixo.

“Estamos nun intre crucial para o desenvolvemento sostible do noso planeta, por iso cómpre lembrar a todos os veciños e veciñas da necesidade de separar o noso lixo para depositalos no contenedor correspondente” explican desde o goberno local.

O Concello de Salvaterra é coñecedor de que a cidadanía en xeral ten hábitos pouco recomendables para garantir o ecosistema. Por iso, o obxectivo que se persegue con este programa municipal é concienciar dende abaixo, dende os centros educativos, para que os nenos e nenas inclúan a reciclaxe como algo natural nas súas vidas para cando sexan adultos e adultas. Desde xeito, o futuro de Salvaterra e do nosplaneta será máis sostible e menos violento de cara a contaminación do noso ecosistema.