A programación de Nadal de Mos ten previsto para o domingo, 26 de decembro, ás 16.30 horas, o tradicional Certame de Rondallas de Mos que chegará á Avenida de Puxeiros, contando coa participación da Rondalla Santa Eulalia de Mos, Rondalla Centro Cultural de Torroso, Rondalla Santiguiño de Guizán e Rondalla Asociación Cultural de Herville.

Xa no 2022, o 5 xaneiro chegarán a Mos as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, ás 17.00 horas. Será unha Cabalgata de Reis pola Avenida de Sanguiñeda.

En engadido, Mos conta este ano con dous grandes beléns que se poden visitar: O Belén de Herville:,de luns a venres de 15.00 a 17.00 horas e de 19.00 a 22.30 horas. Os sábados, de 15.00 a 23.00 horas. E os domingos, de 11.30 a 13.30 horas e de 15.00 a 21.30 horas.

O Belén do Pazo de Mos pode visitarse de luns a venres, de 17.00 a 20.00 horas, sábados e domingos, de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

Por outra banda, todas as persoas que queiran facer a súa aportación a Mos Axuda na súa campaña de Nadal poden entregar alimentos antes do luns, 20 de decembro no almacén de Mos Axuda, situado na Estrada Puxeiros a Peinador, chamando anteriormente ó número de telefono 627 133 828.