A programación de Nadal de Nigrán está feita na súa totalidade por artistas do municipio e achegará os espectáculos as parroquias, garantindo aforos reducidos acordes á realidade sanitaria.

Hoxe, ás 20.00horas, o Auditorio Municipal de Nigrán acollerá “Get Back”, de Porta Aberta Teatro, dirixida a todos os públicos.

Mañá, ás 19.00 horas,no Auditorio Municipal haberá baile de maiores.

O luns, 20 de decembro, buzón e paxe real, ás 17.00 horas, na Asociación Veciñal de Chandebrito e ás 19.00 horas, actuación de maxia familiar. Os mesmos espectáculo estarán o martes 21, no C.C. A Camoesa; o mércores 22 no CCR Parada do Miñor.

O xoves 23, o pavillón municipal de Panxón acolle desde as 10.00 horas, a iniciativa solidaria “Encesta un alimento” do C.B. Nigrán. Logo, ás 20.00 horas, Concerto de Piano de Nadal – I ciclo Xóvenes intérpretes Mayaka Nakagawa.

Na prara de Patos poderá verse o xoves 23 os Papá Noeles surfeiros.

O venres 24, de 16.00 a 20.00 horas, pasarrúas da Rondalla de Santiago de Parada por Nigrán, Panxón e Ramallosa.

O Día de Nadal, áss 17.00horas no C.C. A Camoesa estará o Apalpador.

O domingo 26, ás 11.00 horas na Alameda de San Pedro da Ramallosa, Encontro de Rondallas (Santiago de Parada, Centro Cultural A Merced de Chain e AVV Galiñeiro Vincios). Ás 11.00 horas no Porto de Panxón, IV Xuntanza Arroases do Val Miñor (inscrición en arroasesdovalminor@hotmail.com)

A programación será prácticamente diaria, con moitos obradoiros, en Nigrán. Non faltará tampouco a Carreira Popular San Silvestre o día 31, ás 17.00 horas; e a Cabalgata de Reis o día 5 de xaneiro.