O Concello de A Guarda puxo en marcha unha campaña de sensibilización ambiental co obxectivo de reducir o consumo de bolsas dun só uso.

Para conseguir que a cidadanía reflexione sobre a cantidade de bolsas de plástico dun só uso que se consumen, nos puntos informativos da Praza de Abastos e do Mercadillo da Alameda realizouse este mes unha pequena enquisa sobre os hábitos da veciñanza e a cambio entregarase unha bolsa de tea co obxectivo de lograr un cambio cara a hábitos de consumo máis sostibles.

Ademais, informouse á veciñanza dos prexuízos que causan os plásticos dun só uso no medio ambiente e na saúde das persoas tamén. En engadido, nun punto informativo asesorouse as guardesas e guardeses sobre as alternativas existentes ao plástico no día a día que temos ao noso alcance.

A Guarda instalou o pasado sábado dous puntos informativos, un na Praza de Abastos e outro no Mercadillo da Alameda en horario de mañá para asesorar a veciñas e veciños. O goberno local puxo en marcha este proxecto co apoio do Consello Climático Xuvenil e do Grupo de Voluntariado Municipal.