Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, Andrés Sampedro Fernández e Nuria Grandal Carballo, autores do libro: “Paraños, pedestal de Fontefría”, editado pola Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía e financiado pola Asociación Cultural e Deportiva Río Xabriña de Paraños, coa participación do Concello de Covelo, presentaron a pasada fin de semana o seu libro no Auditorio Municipal de Covelo. O libro é un estudo pormenorizado, cunha clara orientación divulgativa sobre a xeografía, historia, toponimia, ecoloxía, demografía, etnografía, patrimonio, antropoloxía, a evolución da industria e o comercio, tamén se fai fincapé en diversos aspectos socioculturais propios desta parroquia, entre os que destaca un apartado dedicado á recollida oral de relatos tradicionais. Ao finalizar, o Concello de Covelo agasallou aos asistentes cuns petiscos e un viño galego e os autores asinaron exemplares.