25N
Suso Carrola é distinguido polo seu labor altruísta

Jesús González Pexegueiro é presidente de Protección Civil de Porriño. | // A. GUTIÉRREZ / l. c.
l. c.
Jesús González Pexegueiro, máis coñecido no Porriño como Suso Carrola é distinguido pola Xunta de Galicia co distintivo de Permanencia de Protección Civil de Galicia por superar os 25 anos de servizo público.
Neste caso en concreto son 31 anos de traballo altruísta, servindo de xeito desinteresado ao seu pobo e a cidadanía en xeral, dende que nos 90 entrara na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Porriño e da que, actualmente, é presidente, coordinando un grupo de 14 persoas voluntarias que asisten a prestar apoio tanto a actividades culturais e de lecer, como a accidentes e outras intervencións do día a día.
Aos seus 52 anos recibirá esta distinción do executivo autonómico que se suma a outras concedidas polas asociación nacional e provincial de Protección Civil.
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Luis Zahera defrauda en A Sementeira de Corzáns
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Expulsan de un colegio de Vigo a un niño de Infantil por su agresividad
- La UCO escuchó al patrón de Villacarrillo 'recreando' el momento en que mató al temporero: 'Ven, que no te vas a enterar. Id preparando los curas
- La justicia archiva la denuncia por el caso del perro arrastrado por el Corredor do Morrazo
- Las «burras» se estrenan en redes