tomiño
O Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño amplía a atención
Está xa a xornada completa y Acoden 50 familias e hai lista de espera de 70

Andrea Álvarez e Sonia María García, psicólogas do SAT Baixo Miño. | //DP / l. c.
l. c.
Potenciar a autonomía e o desenvolvemento psicomotriz, tratar dificultades da linguaxe ou problemas de comunicación (por trastornos como o TEA, falta de audición, etc.), a través dunha terapia lúdica, activa e motivadora son os obxectivos principais cos que traballa o equipo do Servizo de Atención Temperá (SAT) da Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño.
O servizo botou andar nos últimos meses de 2020 e ata o día de hoxe a demanda foi en aumento. A coordinadora da unidade, Andrea Álvarez Rodríguez, explica que a subida de horas era necesaria para axilizar a longa lista de espera, unhas 70 familias procedentes dos catro concellos integrados na mancomunidade (A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui).
O equipo de profesionais que forman o SAT está composto por dúas psicólogas, unha fisioterapeuta e unha logopeda e ten a súa sede no edificio de Benestar Social do Concello de Tomiño. Así, agora atenden a xornada completa, de luns a venres de 09.00 a 14.00 e de 15.00 a 19.30 horas. Unha ampliación que foi posible grazas á subvención obtida pola Mancomunidade do Fondo Social Europeo a que, sumada ás axudas dos demais patrocinadores (Xunta de Galicia, Xacobeo e a propia Mancomunidade) e á entidade prestadora dos servizos Cogami.
O obxectivo de crear esta unidade no Baixo Miño é que as familias que teñan menores dificultades de desenvolvemento, poidan ser tratadas na propia comarca, sen ter que trasladarse ata Vigo. O servizo, ao que acoden agora mesmo máis de medio cento de familias da comarca, está destinado a nenos de entre 0 e 6 anos que precisen o establecemento de pautas e estratexias que promovan a súa normalización, a través de intervencións planificadas por un equipo interdisciplinar.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- El legado de una casa de Vigo okupada tres años: «No dejaron ni los recuerdos»
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Fiesta en la Carnicería de José.
- Este es el «paraíso azul de Galicia», el municipio con más playas con bandera azul de toda España
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia