Onte abría o prazo de inscrición para participar na nova saída do programa municipal “É tempo de volve a viaxar” do Concello de Mos. Trátase dunha excursión de cinco días por Ourense, Monforte e os Canóns do Sil con aloxamento nun hotel balneario.

Ofértanse un total de 50 prazas, polo que as persoas interesadas en participar deben anotarse antes do 15 de novembro. A actividade está dirixida a maiores de 55 anos residentes en Galicia e preferentemente empadroados e Mos.

Consistirá nunha estancia no Balneario SPA Ribeira Sacra do 28 de novembro ao 2 de decembro. O prezo por persoa é de 222 euros. A hospedaxe será no Hotel Balneario Augas Santas e inclúense visitas turísticas guiadas a Ourense e Monforte de Lemos e un cruceiro polos Canóns do Sil.