O auditorio municipal de Covelo acolleu a entrega de diplomas do curso de formación de Acompañante de Transporte Escolar e Comedor aos seus participantes que acadaron o título. Trátase dun dos tres cursos da segunda fase do V Plan de Formación para o Emprego do Concello de Covelo 2021, que ten como finalidade mellorar a empregabilidade e facilitar a inserción no mercado de traballo das persoas desempregadas do noso municipio.O vindeiro sábado, 27 de novembro, Covelo acollerá un novo curso. Será de introdución á Micoloxía e abordará o cultivo de fungos sobre madeira. As inscricións estarán abertas até o vindeiro mércores, 11 de novembro.