Covelo aborda a doazón de órganos e presenta libro

V.P.

[Covelo]

O Concello de Covelo acollerá o vindeiro sábado, 20 de novembro, unha charla sobre a “Doazón e Transplante de Órganos” en colaboración coa Asociación Galega de Transplantes “Airiños”. Será ás 18.00 horas no auditorio municipal.

O vindeiro sábado, 27 de novembro, a Asociación Deportiva Río Xabriña de Paraños presentará o libro “Paraños Pedestal de Fontefría” cola colaboración do Concello de Covelo. Será tamén ás 18.00 horas no auditorio municipal.

Tracking Pixel Contents