batalla de rande
Redondela retrocede a 1702 e revive a loita de catro países
O 16, 23 e 24 de outubro conmemórase o 319 aniversario do combate naval librado na Enseada de San Simón

As rúas de Redondela acollen un desfile con representación final na Alameda de Castelao. | // J. LORES / l. costas
l. costas
Desfiles, teatralizacións, mercado e este ano tamén visitas guiadas en barco pola Enseada de San Simón, obradoiros e atraccións tradicionais para conmemorar a Batalla de Rande. O municipio de Redondela viaxa a 1702 para revivir o máis importe combate naval que enfrontou as escuadras das coalicións angloneerlandesa e hispanofrancesa.
Esta é a oitava edición deste evento, ideado pola Asociación Deportiva e Cultural de Rande e que conta coa colaboración do Concello, cuxo formato se mantén como en anos anteriores. Así, a primeira das xornadas terá lugar, o día 16, nas rúas do casco urbano redondelán, e as dúas seguintes, o 23 e 24 de outubro, trasládase á contorna do Museo Meirande.
A vila dos viadutos acollerá o vindeiro sábado, a partir das 19.00 horas, un desfile e teatralización final na Alameda de Castelao, no que se representará a marcha cara Madrid das carruaxes nas que transportaban o cargamento valioso das embarcacións implicadas na batalla, carros que sufriron roubos e cuxos ladróns foron fusilados.
Xa a fin de semana seguinte, a actividade comezará o sábado 23 ás 11.00 horas coa apertura do mercado tradicional, no que tamén haberá atraccións de antano para os cativos (3 euros) e obradoiros de alfareiría, escritura antiga, pintura clásica e acuñación de moeda, en horario de mañá e de tarde. Ás 11.30 horas será a chegada das embarcacións e unha hora máis tarde o desfile inaugural. A continuación, terá lugar a primeira das representación teatrais infantís, da que haberá un segundo pase pola tarde e outro máis na mañá do domingo. Os propios nenos da asociación, e tamén veciños do lugar, serán os actores, ao igual que o son as persoas adultas que protagonizan as teatralizacións da batalla de Rande “Os galeóns de Rande”; do desembarco, a descarga e o asalto a fortaleza e do afundimento “Arde o mar”, coa representación naval do combate con pirotecnia.
Este ano introdúcense como novidade visitas guiadas en barco pola Enseada de San Simón, con saída do Museo Meirande, ás 16.00 e 17.00 horas do sábado 23
Retirada de entradas
Para o control do aforo é necesario a retirada de entradas para cada espectáculo de xeito anticipado no Multiusos de Redondela ou no Museo Meirande. Unha parte estase a despachar xa dende onte e outra resérvase par o mesmo día das actuacións.
- Una mujer sobrevive al impacto de un rayo que mató a 22 de sus vacas en Rodeiro: «El trueno fue tremendo, un gran susto»
- Una vecina de Aldán, mordida por una serpiente en la mejilla
- Desaconsejan el baño en la nueva playa de Vigo con bandera azul
- Una enfermera de un hospital de Ourense se enfrenta a 3 años de cárcel por cotillear un historial: «Fue curiosidad»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- La miñorana Conchi (56 ingresos en 51 años) por fin disfruta con una terapia top: medio millón de euros anuales
- El pediatra Carlos González, sobre cómo conseguir que los hijos estudien: «Matamos su deseo de estudiar»
- Vigo preparará este finde la tortilla «más grande de su historia», con 1.700 huevos y 150 kilos de patatas