salvaterra
Posta a punto da pista polideportiva da Canuda
O Concello reparou o valado que rodea a instalación e proxecta máis melloras

Pista polideportiva do Parque da Canuda, en Salvaterra. | // D.P. / V.P.
V.P.
A reparación do valado da pista polideportiva do Parque Público A Canuda está rematada. Deste xeito, a pista loce agora unha imaxe renovada e segura para a práctica deportiva.
Por outra banda, tamén están en conclusión as obras na zona da piscina municipal para o cambio do peche perimetral e as beirarrúas. En toda esta área medrará unha nova herba, unha obra que o goberno local confía, que se a situación sanitaria o permite, se poda gozar o verán 2022, xa que neste a piscina non se abriu.
Antes do fin deste 2021 procederase á instalación de tres plataformas de “skate” na zona do foso, para completar un espazo moi utilizado por rapaces e rapazas.
Igualmente, é preciso o cambio da rede que rodea as pistas de tenis, para a mellora de toda a instalación deportiva.
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Expulsan de un colegio de Vigo a un niño de Infantil por su agresividad
- Bares de Vigo reclaman a los clientes que «no tomen solo café» para reservar mesas para ver fútbol
- Rescatan a dos tripulantes de un pesquero tras arder y hundirse en la costa de Muros
- Dueños de pisos protegidos de Vigo piden hasta 75.000 euros en negro a los compradores
- La justicia archiva la denuncia por el caso del perro arrastrado por el Corredor do Morrazo
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros