O alcalde de Arbo, Horacio Gil, participou o pasado venres, 1 de outubro, nun acto celebrado na Comisaría da Policía de Vigo con motivo do día do patrón da Policía Nacional, os Santos Anxos Custodios, que non puido celebrarse o ano pasado por mor da pandemia da COVID-19. O rexedor arbense recibiu unha placa conmemorativa na Comisaría da Policía de Vigo, como máximo representante do Concello de Arbo, en recoñecemento pola colaboración prestada a este corpo de fozas de seguridade do Estado durante o peche de fronteiras polo coronavirus no que se refire á labor de seguridade realizada na Ponte Internacional Arbo-Melgaço. Igualmente foron recoñecidos tamén no acto o Concello de Tui e o de Salvaterra de Miño, que estiveron representados polo alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, e Manuel Andrés Acuña, segundo tenente alcalde do Concello de Salvaterra de Miño.