A normalidade regresa progresivamente á práctica deportiva municipal de Mos que se viu interrompida pola crise sanitaria da COVID-19. Así, o pavillón Óscar Pereiro amplía horarios e actividades tras superarse a fase aguda da pandemia. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Deportes, José Areal, anunciaron que comezan de novo os cursos de natación en todas as súas modalidades (ata o de agora só cabía a posibilidade de natación por libre), así como as clases de ximnasia de mantemento para maiores.

A piscina municipal amplía notablemente os seus horarios pasando a abrir tamén polas tardes e as fins de semana (ata o de agora abría polas mañás de luns a venres

Novo material deportivo

Por outra banda o ximnasio abre de novo as súas portas ao público, que estiveron pechadas durante toda a crise sanitaria. A partir de agora os usuarios do pavillón xa poden adestrar na sala de máquinas que conta ademais con novo material grazas a un convenio de colaboración entre o Concello e Xunta de Galicia. Así, adquiriuse unha nova máquina de musculación, banco, discos, material vario para natación, aquagym e waterpolo e outro tipo de material deportivo.

As persoas interesadas na práctica de calquera das actividades anteriormente descritas poden solicitar máis información, horario e prezos chamando ao número de teléfono do pavillón, 986 334 070.