patrimonio

Escolares de Mos somérxense na Idade de Ferro visitando o Castro de Pereiras

220 estudantes de Primaria visitaron o xacemento | Atoparon un muro dunha edificación e 200 pezas de cerámica

Alumnado do CEIP de Petelos atendendo ás explicacións do director da prospección arqueolóxica.   | // D. P.

Alumnado do CEIP de Petelos atendendo ás explicacións do director da prospección arqueolóxica. | // D. P. / l. c.

l. c.

[Mos]

Un total de 220 estudantes, dos cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos colexios de Atín, Pena de Francia, Mestre Martínez Alonso e Petelos, de Mos, participaron das visitas organizadas ao traballos de escavación prospección arqueolóxica que se levaron a cabo no Castro de Pereiras.

A actividade consistiu en visitar as prospeccións a pé de obra e que o alumnado puidera ver como se levaban a cabo as sondaxes arqueolóxicas na zona dos Castros, onde se lles explicou o contexto patrimonial e historia da zona, a metodoloxía empregada nas sondaxes, o material atopado en cada proceso e cales son obxectivos que se pretender acadar con esta obra.

Tratarase de achegar dunha maneira moi xeral e adaptada a idade dos escolares en que consiste un traballo de arqueoloxía e os seus resultados

A actividade foi organizada entre o Concello de Mos e a Comunidade de Montes de Pereiras, que encargou a investigación grazas á que se fixo o descubrimento deste xacemento da Idade de Ferro.

Cos traballos de escavación atopáronse un muro dunha edificación e 200 pezas de cerámica. A prospección arqueolóxica correu a cargo da empresa Tempos Arqueólogos, sendo o director da mesma, Mario Fernández, o encargado de facerlles a visita guiada e explicación do achado aos cativos participantes na actividade.

Entre as 200 pezas atopadas hai un asa de ola e pezas de cerámica romana, fragmentos de terra sigilata, da que se di que é unha das cerámicas máis caras e de prestixio da época; ademais dun tipo de cerámica que se fabricaba desde o século I A.C. ata mediados do século III, aproximadamente, de posible produción hispánica.

A Comunidade de Montes promoveu este proxecto, apoiado pola veciñanza de Pereiras, interesada no coñecemento arqueolóxico do seu territorio, xa que así permitirá unha maior protección do ben, en particular, e do patrimonio da parroquia, en xeral.

Tracking Pixel Contents