BIBLIOTECA
Dobre sesión de contos para bebés e cativada en Baiona
Serán os días 13 e 18 de outubro, ás 18.00 horas
l.c.
A Concellaría de Cultura, a través do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal, programou catro contacontos infantís enmarcados no programa de dinamización da lectura “Ler conta Moito”. Dous deles xa se celebraron e quedan por celebrarse “Contacontos para bebés” a cargo de Pavís pavós, o vindeiro mércores ás 18.00 horas, e o luns 18, á mesma hora, “Aprende a contar contos” pola Escola das Utopías. O primeiro vai dirixido a nenos de 0 a 3 anos, acompañados dun adulto, e o segundo é para cativada a partir dos 14 anos.
Por cuestións de seguridade sanitaria, é imprescindible a inscrición previa para cada un deles na biblioteca ou chamando ao número de teléfono 986 35 59 43.
Novo horario
O Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal do Concello de Baiona retomaron o horario de inverno, de luns a venres de 09.00 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas. Os sábados o servizo estará en funcionamento de 09.30 a 13.30 horas.
Xa desde o mes de xullo, a colección está aberta a todas as persoas usuarias do servizo, podendo estas escoller libremente nos estantes en sala.
Concurso relato curto
Por outra banda, a II edición do Concurso de Relato Curto “O Enxeño Engaiolado” que este ano introduce como novidade a categoría de conto infantil, vén de pechar o prazo de recepción de traballos. Agárdase agora polo fallo do xurado.
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Desaparece en el Atlántico un piloto de Redondela afincado en Vilagarcía
- ¿Qué es el neumotórax bilateral, la lesión pulmonar que le causó un fisioterapeuta a una joven de Ourense?
- Dos empleados llenaban de gasolina el depósito de sus coches con la tarjeta de la empresa
- Pesquerías Nores emitió despachos falsos al menos durante ocho mareas
- Melody, a lo bonzo: Austria gana Eurovisión frente a una España que se autoinmola por enésima vez
- El pediatra Carlos González, sobre cómo conseguir que los hijos estudien: «Matamos su deseo de estudiar»
- Vigo logra un inesperado apoyo para ser sede del Mundial 2030 desde el otro lado del Atlántico
Qué es el triple impacto: cómo transformar vidas y hacer crecer las empresas
