A comarca do Condado-Paradanta acolleu o pasado domingo, 3 de outubro, a sexta edición da Clásica Álvaro Pino., unha marcha cicloturista organizada pola Asociación Deportiva Cultural Plan C, cun trazado de 110 quilómetros, dos que 30 desenvolvéronse polas estradas cañicenses.

O avituallamento, ás 11.30 horas, celebrouse na Praza Maior da Cañiza. Durante máis de media hora repartíronse 400 bocadillos do mellor xamón da Cañiza a todos os participantes.

Segundo manifestou o alcalde, Luis Piña, “qué mellor xeito de agradecer á organización por ter escollido A Cañiza para formar parte do trazado da marcha, que agasallando aos ciclistas co noso mellor manxar: o xamón da Cañiza”.