homenaxe

Baiona recoñece a dedicación e esforzo de 57 deportistas

Entregáronse as mencións honoríficas e os premios aos gañadores dos eventos feitos a través dunha app

Os prebenxamíns do Erizana Fútbol Club, campións de Liga 2020/2021, foron uns dos deportistas galardoados no acto de recoñecemento ao mérito deportivo.   | // D.P.

Os prebenxamíns do Erizana Fútbol Club, campións de Liga 2020/2021, foron uns dos deportistas galardoados no acto de recoñecemento ao mérito deportivo. | // D.P. / l. costas

l. costas

[Baiona]

Marta Canella (baloncesto); Daniel Pazo e Ainhoa Repazar (atletismo); Iria Ludeña, Gustavo Ignacio López e Paula Cereijo (piragüismo); David González, Anxo Uzal, Diego Otero, Cristian Suárez, Jesús Fajaco, Anxo Lomba, Pedro Míguez, Donis Fernández, Omar Rodríguez, Breixo Martínez e Lois Cabreira (loita olímpica, Club de Lucha de Sabarís); Elena Avendaño (hípica); Manuel Mo, Vicente Mo, Óscar Martínez, Blanca Lago, Manuel Mo, María Rodríguez, Sabela Rodríguez e Lara Senra (bolos, Club Estivada); Ignocencio Valverde (bolos, Club Xunqueira); Gonzalo Pérez, Daniel Álvarez, Laureano Miniño, Xosé Sequeiros e Nicolás Míguez (bolos, Club Baredo); Matias Rajo, Carlos Silva, Belén Rodríguez e Nerea Ferreira (bolos, Club A Rega); José Ramón Martínez, Patricia García, Marley Millán, Kevin Durán, Ares Argibay e Alison Sánchez (bolos, Club Portamean); Brais García e Adrián Rodríguez (Club de bolos Urgal); Martín Carbó, Víctor-José Diogo, Iker Pazo, Xabier González, Nicolás Castro, Iago Vázquez, Xenxo Vásquez, Daniel González, Dylan Estévez, Lois Giráldez, Pablo Pardo, Salvador Pérez e Nicolás La Fuente(fútbol, Erizana Club Fútbol). Son o nome dos 57 deportistas que recibiron unha mención honorífica por parte do Concello de Baiona “pola súa dedicación e esforzo, que redunda e redundará tanto nos voso propios éxitos como no de Baiona como pobo”, sinalaba o alcalde Carlos Gómez, durante o acto de recoñecemento ao mérito deportivo 2020/2021 “Baiona co Deporte” celebrado no pavillón municipal.

“Así se distingue a quen desde o deporte fortalecen a localidade e a sociedade baionesa, e aínda máis neste período de pandemia no que a actividade deportiva resulta fundamental, porque 2020 e 2021 foron os anos máis duros para o deporte”, remarcaba o rexedor local

Durante a cerimonia tamén se fixo entrega dos premios ao gañadores que participaron nas diferentes citas deportivas organizadas a través da aplicación (app) “Baiona co Deporte”, disputadas de xeito semi virtual.

Por outra banda, ademais de ofertar unha alternativa de deporte segura, todos estes eventos tiveron un compoñente solidario, xa que todos os quilómetros percorridos por tódalas persoas participantes foron canxeados por donativos destinados á ONG Ayuda al Mundo Necesitado.

Tracking Pixel Contents