deporte

Unha trintena de actividades para escolares e adultos

As inscricións permanecen abertas

l. c.

Baixo o lema “Practica deporte para todos e todo o ano”, o Concello de Baiona presenta a oferta deportiva para o curso 2021/2022 con actividades dirixidas a escolares e persoas adultas.

A novidade é a potenciación de tres programas distintos cunha oferta moi variada. No pavillón municipal de deportes haberá clases para maiores de 15 anos de crossfit, core, trx, ioga, spinning, fitness, body pump, musculación, ximnasia de mantemento e terapéutica, gap, pilates, zumba, circuit training, stretching e adestramento personalizado. En segundo lugar, deporte escolar, para nenos de 4 a 14 anos, ofertándose pádel, tenis, baloncesto, fútbol sala, psicomotricidade, fitness e musculación. E, por último, as escolas deportivas con convenios cos clubs locais: tenis, tiro con arco, ximnasia rítmica, loita olímpica, vela lixeira e cruceiro, fútbol, fútbol sala, fútbol americano, patinaxe, atletismo, judo, baloncesto, bádminton, xadrez e stand up paddle e windsurf.

Toda la información sobre esta oferta deportiva está dispoñible na web municipal, onde tamén poderá descargarse a ficha de inscrición.

Tracking Pixel Contents