A biblioteca municipal Luís Seoane de Soutomaior pon en marcha diferentes clubs para fomentar os hábitos de lectura entre a veciñanza. Os grupos deste ano ofrecen tres posibilidades

O club de lectura infantil está ideado como un complemento escolar, dará comezo no mes de outubro e está dirixido a nenos desde os 7 ata os 9 anos . As sesións terán lugar os mércores entre as 18.00 e as 19.00 horas.

Para os veciños en idade adulta que desexen iniciarse ou mellorar as súas aptitudes no idioma francés ofrécese un club de lectura que se reunirá dúas veces ao mes en xoves alternos en horario de mañá a partir de novembro.

Por outra banda, tamén está dispoñible o club de lectura fácil, ideado para favorecer a integración social de novos cidadáns e persoas de fala estranxeira ou con dificultade lectora. Mediante textos sinxelos, os participantes poderán ir mellorando o seu coñecemento e uso da lingua castelá. As reunións comezan o 5 de outubro, celebrándose en martes alternos en horario de 11.00 a 12.00.

Ademais dos clubs de lectura, a biblioteca ofrece a partir de novembro un taller de interpretación en francés no que o alumnado terá que o alumando (adulto) terá que ler e interpretar unha obra de teatro nese idioma.

As prazas para todas estas actividades son limitadas e é preciso a inscrición previa ben de xeito presencial na biblioteca, chamando ao número de teléfono 986 700 291 o enviando un correo electrónico ao enderezo biblioteca@soutomaior.com