A axenda cultural continúa esta fin de semana en Soutomaior. O espectáculo “Ópera Break`s” chega mañá a Alameda Talo Río coas actuacións da soprano Esperanza Mara (Emanarte) e os artistas urbanos do colectivo Vella Escola (Dj Mil e os bailaríns Retrokid, Bboy Serlli e Pol Rock).

Será a partir das 19.30 horas con acceso de balde e capacidade limitada.

E esta mesma noite, ás 21.30 horas, no multiusos de Arcade, representarase a peza teatral “Feminíssimas” da compañía galega De Ste Xeito. Na que a compañía proponse a comprometida tarefa de traerlle ás persoas espectadoras un verdadeiro pulso entre a ideoloxía e a amizade.

Esta nova proposta do Concello de Soutomaior inclúese dentro da programación municipal de verán no marco do programa Cultura no Camiño, Xacobeo 2021-22 e pretende visibilizar diferentes sensibilidades e posicionamentos ante o tema do feminismo, educar en igualdade e no respecto a través do teatro, fomentar a participación da mocidade nas actividades de dinamización cultural do municipio e proporcionar espazos culturais e de lecer variados e con temáticas de interese dirixidas a todos os públicos

Tamén aquí o acceso de balde ata completar o aforo, supeditado ás restricións vixentes por mor da COVID-19.