A Cañiza acolleu a VI Marcha BTT Concello da Cañiza o pasado domingo, 19 de setembro, na que participaron 221 ciclistas. A temperatura e un día solleiro foron moi favorables para percorrer e gozar da paisaxe nos dous espectaculares roteiros habilitados; un máis curto de 30 quilómetros cun desnivel acumulado de 913 metros; e outro máis longo, de 35 quilómetros cun desnivel acumulado de 1.173 metros. Na organización colaboraron os equipos Grupeta Pan De Zarko., Cañizabike e Repechitosbike. Igualmente colaboraron voluntarios e traballadores do Concello que fixeron posible que todo trascorrera axeitadamente. O avituallamento contou coa doazón de froita de Frutas Carlos que moito agradeceron os participantes que tiveron que pedalear durante máis de dúas horas polas paraxes cañicenses. O alcalde cañicense, Luis PIña, deu a saída, e a speaker da proba foi Aurora Domínguez.