O Concello de Nigrán programou unha serie de contacontos infantís. Houbo sesión ós últimos dous venres, da man de Donde viven los cuentos, e as dúas que restan, dirixidas por Raquel Queizás celebraranse o 28 de setembro e o 8 de outubro, ás 18.00 horas no auditorio. A primeiro preséntase baixo o título ‘Dámoslle volta co conto. Contos pola igualdade’ e para rematar ‘Travesías’. É imprescindible a inscrición previa na propia biblioteca, enviando un email a nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou chamando ao número de teléfono 986 38 39 79.