O Concello de Mos oferta un curso de Lingua de Signos nivel A2 para dar continuidade a formación básica de nivel A1 que se rematou no mes de xuño.

Impartirase en liña, do 18 de outubro ao 24 de xaneiro. O prazo de inscrición remata o 4 de outubro. O prezo é de 120 euros para a poboación xeral e de 90 euros para estudantes e desempregados.