formación
Idiomas, escritura ou pintura na Cañiza
Aberta a inscrición para diversos cursos, ata fin de mes, na biblioteca municipal

Entrega de diplomas dun curso impartido na Cañiza. | // FDV / v.Palleiro
v.Palleiro
O Concello da Cañiza pon en marcha novos cursos formativos para nenas e nenos e para adultos neste curso 2021-2022. Escritura, pintura, francés, inglés, árabe, chinés ou preparación para Educación Secundaria Obrigatoria son algúns dos cursos ofertados. As inscricións xa están abertas na biblioteca municipal. A biblioteca cañicense está situada na rúa Progreso, número 21, no segundo andar. As persoas que desexen máis información sobre algún dos cursos poden chamar ao teléfono 986 66 30 69.
O prazo para participar no obradoiro de escritura estará aberto ata o 30 de setembro. Outra alternativa son os idiomas. O Concello da Cañiza informa da oferta de clases de francés, inglés, chinés ou árabe. As persoas interesadas en ampliar os seus coñecementos lingüísticos poden inscribirse até final de mes.
Unha opción máis e anotarse ao curso Abacus Kids 2021-2022, dirixido especialmente á cativada para que aprenda a sacarlle todo o partido ao ábaco. Os adultos teñen como alternativa tamén as clases de pintura. Igualmente se impartirán clases para superar a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Rescatan a un hombre que se subió a lo más alto de una grúa para lanzarse al vacío en Rosalía de Castro
- En libertad el cabecilla de la red que traficaba con Rivotril y en la que están implicados médicos de Cangas y Vigo
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- Una valla publicitaria de ocho metros en Gran Vía para declararse: «¿Rubén, quieres casarte conmigo?»
- Dueños exigen a inquilinos el abono del seguro de impago de alquiler en Vigo: «Es un abuso»