Ponteareas continúa celebrando o seu mes festivo: Setembro. O vindeiro mércores, 29 de setembro, será a festividade do seu patrón, San Miguel Arcanxo, e será festivo local.

A xornada comezará ás 11.30 horas co desfile de xigantes e cabezudos polas rúas e prazas da localidade. Ás 13.30 horas está previsto o lanzamento dos tradicionais globos de papel. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, as rúas encheranse de animación festiva e, ás 19.00 horas, está previsto un concerto a cargo da Banda de Música Unión de Guláns na praza Doutor Fernández Vega.

Pola noite voltará a verbena a Ponteareas. Será coa actuación drqueo grupo América que para poder cumprir co protocolo sanitario de distanciamento entre persoas de dar cabida ao maior número posible de espectadores será no aparcadoiro da Avenida Castelao.

No parque da Feira Vella, o xoves, 30 de setembro, será a actuación do grupo Tanxugueiras, ás 21.00 horas. A esa mesma hora e no mesmo lugar, o venres, 1 de outubro, dará un concerto A Banda da Loba e a súa actuación estará acompañada dun recital poético.

O sábado, 2 de outubro, está programado un concerto de Tania Veiras, ás 21.30 horas, na Feira Vella. O domingo, 3 de outubro, concerto de Broken Peach, ás 21.00 horas, de novo na Feira Vella.