O Colegio Lar, en Mos, vén de implantar o sistema europeo na segunda lingua estranxeira, o francés, un proceso de cambio cunha duración de dous cursos académicos para que o alumnado opte a un B1 en 1º e 2º de Bacharelato. Así, todos os estudantes terán clase de francés desde o primeiro curso de Primaria, de maneira que desde os 6 anos se impartirán clases en castelán, galego, inglés e francés.

Outro cambio co inicio do novo curso, no que están matriculados un total de 870 estudantes desde a etapa de gardería a ciclos formativos, foi a frauta. Loxicamente a súa práctica non foi posible por motivos COVID e é por elo que, despois de tantos anos, foi substituída polo ukelele.